Sobre min

lapp

 

ArteGuillermoLopez é un sitio web que mostra traballos pictóricos en diferentes técnicas, así como diversos debuxos e retratos. Aquí tamén é posible consultar información sobre as devanditas obras, ler algúns artigos sobre pintores e contactar co autor.

Guillermo López naceu en 1973 en Monforte de Lemos e é diplomado en Relacións Laborais pola Universidade de Vigo.

Cursos:

What is contemporary art? do MoMA (Museum of Modern Art, N.Y.) Cualificación final 100 % 2020.

In the Studio: Postwar Abstract Painting do MoMA (Museum of Modern Art, N.Y.) Cualificación final 96.6 % 2017.

Ideas & Arte Moderna do MoMA (Museum of Modern Art, N.Y.) Cualificación final: 92,5 % 2016.

Arte e Internet UNED (Universidad Nacional de Educación a Distancia) Cualificación final: 97 % 2016.

Os Principios da Cultura Impresa Moderna: Ilustración Gráfica, Cultura Visual e Vida Urbana. UNED (Universidad Nacional de Educación a Distancia) 2017.

20142

Dende moi cedo comeza a mostrar interese no debuxo e a pintura. Autodidacta, estuda as técnicas pictóricas, os mestres da pintura e as súas obras. Desenvolve diversas técnicas como o lapis, carbón, cera, acualera e tinta, antes de dedicarse ao óleo e posteriormente ao acrílico como técnica actual preferida. As súas influencias máis significativas comprenden a Turner, Lichtenstein, Rothko, Kandinsky, Munch, Hopper, Rembrandt, Goya e Antonio López.

Tamén exerce como articulista para a páxina web HA! ademais de escribir sobre cine en TodoFilmNoir. Colaborou co xornal local EnComún mediante artigos sobre cine, arte, fotografía e literatura. Neste campo conta cunha novela curta, numerosos relatos e centos de poemas dende finais dos oitenta ata a actualidade.

Deja un comentario